Farmacia Frade

Sobre nós

A segunda xeración dunha familia de farmacéuticas

As titulares da Farmacia Frade somos Sabela e Belén, dúas irmás que continuamos co proxecto iniciado pola nosa nai en 1994. Con nós está Diana, a nosa adxunta, que comparte a ilusión de facer da Farmacia Frade un espazo próximo, accesible e de confianza en pleno centro de Santiago de Compostela.

Comprometidas coa túa saúde

Na Farmacia Frade temos claro que a atención farmacéutica debe ir máis alá da dispensación de medicamentos. Por iso:

01
Ofrecemos asesoramento profesional, realizando seguimento e revisión de tratamentos para evitar duplicidades, interaccións ou erros.
02
Dedicamos tempo a ofrecer información clara e adaptada sobre o uso correcto dos medicamentos, sempre velando pola túa seguridade e benestar.
03
Proporcionamos o mellor consello farmacéutico, axudándote a resolver problemas de saúde menores sen necesidade de receita médica, sempre derivándote ao médico cando sexa necesario.
04
Realizamos seguimento de pacientes crónicos, mellorando a adherencia en persoas con diabetes, hipertensión, dislipemia e outras patoloxías crónicas.

O noso obxectivo é ofrecer unha atención próxima e de confianza, centrada nas persoas.

Un equipo multidisciplinar

As profesionais que formamos o equipo da Farmacia Frade estamos especializadas en ámbitos como a fitoterapia, a nutrición, os tratamentos infantís ou a dermocosmética, o que nos permite ofrecerche unha atención integral. Sempre atoparás en nós profesionais dispostas a escoitarte, asesorarte e acompañarte no teu día a día. Mesmo se o que buscas é un detalle especial, como unha cesta personalizada para un recentemente nado ou un agasallo de coidado e benestar, podemos axudarte. Na Farmacia Frade poñemos á túa disposición o noso tempo, coñecementos e consello farmacéutico. Porque a túa saúde e a túa confianza son a nosa prioridade.

Sabela Caneda Frade

Farmacéutica

Belén Caneda Frade

Farmacéutica

Diana Laíño Perez

Farmacéutica

Consulta a tu farmacéutica
Farmacia Frade
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.